-Onde estamos?

Sunday, November 20, 2005

Cerdedo

Cerdediño ten a sona
Cerdediño a sona ten,
Cerdediño ten a sona
de cantar e bailar ben.


Cerdediño, Cerdediño
Cerdediño para os amores
a fonte na carretera
e San Xoán no medio das torres.


Canteiriños de Cerdedo
veñen polo Paraño arriba
neniñas de Vilapouca
tédelle a carne cocida.

Saturday, November 19, 2005

Localización de Cerdedo

O nome de Cerdedo vén, segundo Millán González, da verba cerasetum (cerdeiras), planta abundante en toda a zona. Aquí existen restos arqueolóxicos importantes das culturas Castrexa (Castro de Castrodiz) e dos dólmenes ou mámoas. Pero o máis sobranceiro do patrimonio son as importantes obras en pedra como cruceiros, igrexas, calzadas e pontes, algunhas delas de orixe romana. Son monumentos anónimos de mestres canteiros da zona, á que por tales obras deron moita sona por todo Galicia.

Cerdedo é o concello máis cercano ó mar dos tres que forman a Terra de Montes. Esto, xunto cunha altura media moito máis pequena (360 m.) outórgalle un clima máis benigno, que permite a colleita dalgunhas froitas que en terras máis altas non poden ser plantadas.

Situado na parte meridional da Dorsal Galega, ten un territorio disposto en anfiteatro cara ó mar, cos seus maiores cumios no alto do Seixo (1024) e o outeiro do Coto. O concello está formado polas parroquias de Quireza, Tomonde, Castro, Figueroa, Pedre, Parada, Folgoso e Cerdedo
É percorrido dunha punta a outra polo Lérez, e paralelamente a el, po la estrada N-541 que permite ó viaxeiro chegar ó mar en poucos minutos: mais, non só ó mar, senón tamén á capital da provincia e a outras grandes vilas. É este un dato que ten moita importancia, pois o veciño de Cerdedo pode vivir aquí e traballar en Pontevedra, e de aí que non amose un envellecemento da poboación tan importante coma o dos outros dous concellos. Non obstante, é o concello con máis taxa de emigración. Tal é así que dende o ano 1991 ó 1996 a poboación descendeu 1017 habitantes, dos cales 885 non corresponden ó movemento vexetativo.

www.terrademontes.com